Logotipo de Ateneo CampeloAteneo CampeloConsultar

Silleda · ESO e bacharelato

Ateneo Campelo

Reforzo escolar personalizado en Silleda para ESO e bacharelato

Centro de clases de apoio en Silleda cun só mestre para todas as materias. Grupos de ata 10 alumnos, técnicas de estudo e informe mensual ás familias.

Por que Ateneo Campelo

Un só profesor. Visión completa.

Nas clases de apoio en Silleda, o mesmo mestre acompaña todas as materias e proxectos. Así hai unha visión global do alumno — fortalezas, debilidades e o que precisa cada semana — sen ter que contar a mesma historia a varias persoas.

  1. 01

    Visión global

    O mestre coñece o desempeño en todas as materias e as preferencias de cada rapaz. Isto permite personalizar o reforzo escolar para ESO e as clases para bacharelato segundo o que máis custa.

  2. 02

    Proxectos educativos

    Proxectos mentorizados ao longo do curso, con entregas trimestrais e anuais. Máis alá do reforzo tradicional, o alumnado aprende técnicas de estudo, planificación do tempo, traballo en equipo e comunicación.

  3. 03

    Grupos pequenos multinivel

    Xuntar alumnos de varias idades favorece a cooperación e o crecemento persoal do alumnado, permitíndolles crear amizades sólidas nun entorno académico.

  4. 04

    Informe mensual

    Total transparencia coas familias. Facemos un resumo mensual para que esteades ao tanto do que sucede na aula.

Como traballamos

Método claro. Acompañamento real.

Reforzo escolar para ESO e clases para bacharelato en todas as materias, seguimento individual e técnicas de estudo que se notan a longo prazo — non só «facer deberes».

Un só mestre, todas as materias

Unha visión completa da realidade do alumno permite crear un plan personalizado para progresar de maneira global como estudantes e como persoas.

Acompañamento individual no grupo

Limitar o grupo mixto a 10 persoas por hora permite ao profesor centrarse en mellorar debilidades, potenciar fortalezas e aconsellar segundo a realidade de cada alumno.

Técnicas de estudo a longo prazo

Ademais da memorización, necesaria para superar os exames, cos proxectos educativos centrámonos en crear hábitos e habilidades imprescindibles para o futuro do teu fillo.

Terceiro curso en Silleda. Máis de 30 familias contentas.

Plans

As horas que precisades. O mesmo acompañamento.

Todos os plans de reforzo escolar inclúen informe mensual, mentoría, grupo de ata 10 e os proxectos do curso. Se non sabedes por onde empezar, falamos sen compromiso.

Plan reducido

2 h / semana

75€/ mes

  • ~8 h ao mes
  • Informe mensual
  • Mentoría e consello individual
Consultar dispoñibilidade

Plan básico

3 h / semana

100€/ mes

  • ~12 h ao mes
  • Informe mensual
  • Mentoría e consello individual
Consultar dispoñibilidade

O máis elixido

Plan estándar

5 h / semana

150€/ mes

  • ~20 h ao mes
  • Informe mensual
  • Mentoría e consello individual
Consultar dispoñibilidade

Acceso ilimitado

10 h ou máis / semana (ilimitado)

250€/ mes

  • ~40 h ao mes
  • Informe mensual
  • Mentoría e consello individual
Consultar dispoñibilidade

Tamén hai horas soltas a 15€/hora, sen plan mensual: pensadas para reforzo puntual, non como alternativa aos plans continuos.

O mestre

Quen acompaña ao teu fillo ou filla.

Rubén Campelo · fundador e mestre

No instituto non foi un bo estudante: se podía aprobar sen estudar, non estudaba. Na universidade iso deixoulle de funcionar, e a técnica de «leo, repito, escríboo no exame e esquézome» deixoulle ocos no que debería saber cando chegou ao mundo laboral.

Foi entón cando descubriu os métodos de estudo e o divertido que é aprender se o fas ben. Desexando que alguén lle tivera ensinado ese camiño antes, comezou a dar clases e atopou a súa vocación.

Hoxe, no terceiro curso de reforzo escolar en Silleda, identifícase co alumnado, enténdeo e ensínalle técnicas de estudo como lle tería gustado aprender a el. Para as familias, isto tradúcese en acompañamento claro, exixente e próximo.

Reseñas

O que din as familias.

Valoracións reais en Google de nais, pais e alumnado.

«Rubén un mestre estupendo, que axuda os seus alumnos na medida das súas posibilidades en todo o que pode. Moi recomendable, seriedade, flexibilidade, paciencia... en fin moi contentos co servizo prestado, repetiremos sen dúbida.»

Isabel Villaverde

«Excelente profesor. Las clases son claras y muy útiles. Han mejorado mucho el nivel de inglés. 100% recomendado.»

Jose Ramón Pérez Cuiña

«Xenial! Súper recomendado, tanto profesional como personalmente moi atento e gran profe»

Adriana Perdomo Couto

«Moi boa experiencia, gran profesor.»

Azucena Panadeiro

«Muy contenta, el profesor muy atento!!!!»

Mariana Badulescu

Ver máis reseñas en Google

Preguntas frecuentes

Dubidas habituais das familias.

Materias, cursos, grupos, matrícula, informes, horarios e clases soltas.

Que materias cubrides?

Traballamos todas as materias da ESO e do bacharelato (latín e grego limitado). Un só mestre acompaña o alumnado en linguas, ciencias, matemáticas e o resto das materias seguindo unha visión global.

Para que cursos son as clases?

As clases son de reforzo escolar para todos os cursos de ESO e bacharelato.

De que tamaño son os grupos?

Os grupos son reducidos: ata 10 alumnos por hora. Así hai acompañamento individual dentro do grupo e espazo para técnicas de estudo e dubidas concretas.

Como é o proceso de matrícula?

Consulta a dispoñibilidade por WhatsApp ou correo. Confirmamos o horario e o plan que mellor encaixa (desde 2 h/semana ata acceso ilimitado) e comezades cando haxa praza.

Como informades ás familias?

Enviamos un informe mensual con transparencia sobre o progreso na aula, fortalezas e o que hai que reforzar. Tamén podes falar connosco en calquera momento.

Cal é o horario?

Abrimos de luns a venres, de 16:00 a 20:00. As horas concretas de cada alumno dependen do plan e da dispoñibilidade.

Pódense facer clases ou horas soltas?

Si. Ademais dos plans mensuais hai horas soltas a 15€/hora para reforzo puntual. Non substitúen o acompañamento continuo dun plan, mais serven para momentos concretos.

Hai desconto por irmáns?

Si. Se hai máis dun irmán utilizando o servizo, aplícase un desconto do 25% a cada un.

Contacto

Estamos en Silleda.

Chama, escribe ou pásate. Contámosche o plan de reforzo escolar que mellor encaixa — sen compromiso.

Teléfono / WhatsApp
626 81 71 84
Horario
Luns a venres · 16:00 – 20:00
Enderezo
Rúa Progreso, 66
36540 Silleda, Pontevedra